xoves, 7 de maio de 2015

SEMÁ LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES ACTIVIDADE







31 13 14 15 16 17 T15 + T16
32 20 21 22 23 24 Explicación presupostos
33 27 28 29 30 1 Explicación presupostos
34 4 5 6 7 8 T17
35 11 12 13 14 15 Explicación reportaxe 14-15/Día 15 Entrega T17
36 18 19 20 21 22 18-21-22 Dúbidas presuposto/Explicación reportaxe/Repaso exame
37 25 26 27 28 29 Traballos de recuperación
38 1 2 3 4 5 Examen día 5
39 8 9 10 11 12 Traballos de recuperación
40 15 16 17 18 19 Día 19 entrega traballos recuperación
41 22 23 24

Día 24 CALIFICACIÓNS




























T15 Xéneros fotográficos. Retrato 2. Elementos figurativos e expresivos
T16 Xéneros fotográficos. Paisaxe. Panorámicas
T17 Presupostar proxectos 1: Fotografía social (orla)

luns, 4 de maio de 2015

Xornadas Insultarte015

INSULTARTE II
XORNADAS
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
7-8 maio 2015
Dirixido por Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta
O CGAC presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte,
dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta.
Unha proposta completa de actividades destinada a estudantes e
traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de
orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.
O programa estrutúrase en tres bloques que inclúen un taller e
dúas conferencias formuladas desde unha visión dinámica e actual,
onde os asistentes recibirán as claves e as ferramentas necesarias
para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu
sector, coñecer o marco legal do seu traballo e buscar financiamento
para os seus proxectos.
TALLER 015
XOVES 7 E VENRES 8
HORARIO: de 11:00 a 14:00 h
PRAZAS: mínimo 10 / máximo 20
MATRÍCULA: de balde
O taller consistirá en asesorar aos asistentes sobre os seus proxectos.
Con base nos seus casos reais, os directores daranlles as claves e as
pautas necesarias aos integrantes do grupo para que estes poidan
enfocar os seus proxectos no ámbito legal, saiban orzar, protexer
as súas creacións ante posibles plaxios ou roubos e conseguir que
as súas creacións teñan maiores posibilidades de éxito, consigan
financiamento e estean ben expostas.
As persoas que participen no taller terán que traer un proxecto
ou obra para traballar.
VISIONADOS 015
XOVES 7
Biblioteca del CGAC
HORARIO: de 17:00 a 20:30 h
PRAZAS: entrada libre ata completar as localidades
Neste bloque abordaranse temas fundamentais do ámbito cultural
e artístico tras ver fragmentos de películas e documentais que
versan sobre:
O mito e a figura do artista/creador
A propiedade intelectual e os dereitos de autor
Os tipos de licenzas e entidades de xestión
As creacións en internet e nas redes sociais
DATOS 015
VENRES 8
Biblioteca do CGAC
HORARIO: de 17:00 a 20:30 h
PRAZAS: entrada libre ata completar as localidades
Neste bloque ofrecerase unha serie de datos para que os asistentes
elaboren o seu propio criterio sobre a actualidade do sector cultural
en España. Ademais, analizaranse os datos obtidos na enquisa
Insultarte 2015 e datos obtidos doutros estudos.
Repasaranse tamén as malas prácticas do sector e a consecuente
precariedade do medio.
JUAN LESTA é director, produtor, montador e creativo. Orienta a
súa actividade cara á videocreación, o videoclip, a creación de
multimedia e as videoinstalacións. Recibiu diversos premios e
mencións de carácter nacional e internacional. Baixo o nome DSK,
traballa en varios proxectos audiovisuais e artísticos como
codeco.org, iconoscopio.net ou peninsulaxy.net. Socio fundador da
produtora coruñesa Esferobite, realiza distintos labores audiovisuais
orientados á promoción e comunicación para empresas e á xestión
cultural. Desde o ano 2002 imparte clases de audiovisual en
diferentes escolas de deseño en Barcelona e impartiu talleres
formativos en varios centros de arte e centros culturais de España.
IÑAKI LÓPEZ / VANESA CASTRO son artistas multimedia
licenciados en belas artes e están especializados en audiovisual e
performance. Traballan xuntos desde 2003. Como productores e
axitadores culturais, teñen unha ampla experiencia en festivais
internacionais e residencias artísticas. Ademais, expoñen os seus
respectivos traballos, imparten talleres de formación e ofrecen
mostras didácticas sobre audiovisual contemporáneo. Recibiron
diversos premios e colaboraron con varias asociacións e espazos de
intervención e produción cultural de España e Portugal. Máis
información en www.furallefalle.com.
DESTINATARIOS: Estudantes e profesionais dos ámbitos da creación
artística e cultural, e todas as persoas que estean interesadas nas
cuestións que se van abordar durante as xornadas.
INSCRICIÓN: Para participar no taller é preciso inscribirse enviando
unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.es ou chamando
ao teléfono 981 546 602. En calquera caso, deberán indicar o seu
nome completo, os seus estudos, a súa área de traballo ou interese,
un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
Para asistir aos bloques Visionados 015 e Datos 015 non é preciso
inscribirse, a entrada é libre até completar as localidades.
O CGAC expediralles un certificado de asistencia e aproveitamento
ás persoas que participen no taller.
COORDINACIÓN: Virginia Villar e Rebeca Mariño

sábado, 25 de abril de 2015

T-17 ORZAMENTOS: Fotografía social (orla)

Presupostar proxectos: Fotografía social (orla)
  • Traballo práctico:
    • Orla maquetada, cun mínimo de 12 fotos (alumnos clase)
    • Traballo teórico:
      • Cálculo de custes de estructura
      • Cálculo de custes variables
      • Presuposto para o cliente
  • Formato de entrega en pdf para a parte práctica
  • Formato de entrega en calc (folla de cálculo de openOffice) para a parte teórica

venres, 6 de marzo de 2015

Polémica no World Press Photo

World Press Photo

Apuntes no dropbox

Xa tendes no dropbox as dúas cousas que faltaban: artículo sobre os xéneros fotográficos de Joaquín Perea e unha planilla sobre os diversos planos fotográficos, que supoño que xa sabedes de outras asignaturas. O que me interesa desta planilla é a relación coa reportaxe, é decir, que tipo de planos usas en función da narrativa, do que estás a contar.

Comprobade que está todo e si falta algo, avisade que o subo

Boa finde