SEMÁ | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | ACTIVIDADE |
31 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | T15 + T16 |
32 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Explicación presupostos |
33 | 27 | 28 | 29 | 30 | 1 | Explicación presupostos |
34 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | T17 |
35 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Explicación reportaxe 14-15/Día 15 Entrega T17 |
36 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 18-21-22 Dúbidas presuposto/Explicación reportaxe/Repaso exame |
37 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | Traballos de recuperación |
38 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | Examen día 5 |
39 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Traballos de recuperación |
40 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Día 19 entrega traballos recuperación |
41 | 22 | 23 | 24 | Día 24 CALIFICACIÓNS | ||
T15 | Xéneros fotográficos. Retrato 2. Elementos figurativos e expresivos | |||||
T16 | Xéneros fotográficos. Paisaxe. Panorámicas | |||||
T17 | Presupostar proxectos 1: Fotografía social (orla) |
Traballos dos alumnos dó módulo PROXECTOS DE FOTOGRAFÍA I da EASD Ramón Falcón de Lugo
xoves, 7 de maio de 2015
luns, 4 de maio de 2015
Xornadas Insultarte015
INSULTARTE II
XORNADAS
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
7-8 maio 2015
Dirixido por Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta
O CGAC presenta a segunda edición das Xornadas Insultarte,
dirixidas polos artistas Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta.
Unha proposta completa de actividades destinada a estudantes e
traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de
orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.
O programa estrutúrase en tres bloques que inclúen un taller e
dúas conferencias formuladas desde unha visión dinámica e actual,
onde os asistentes recibirán as claves e as ferramentas necesarias
para identificar e aproveitar as oportunidades de emprego do seu
sector, coñecer o marco legal do seu traballo e buscar financiamento
para os seus proxectos.
TALLER 015
XOVES 7 E VENRES 8
HORARIO: de 11:00 a 14:00 h
PRAZAS: mínimo 10 / máximo 20
MATRÍCULA: de balde
O taller consistirá en asesorar aos asistentes sobre os seus proxectos.
Con base nos seus casos reais, os directores daranlles as claves e as
pautas necesarias aos integrantes do grupo para que estes poidan
enfocar os seus proxectos no ámbito legal, saiban orzar, protexer
as súas creacións ante posibles plaxios ou roubos e conseguir que
as súas creacións teñan maiores posibilidades de éxito, consigan
financiamento e estean ben expostas.
As persoas que participen no taller terán que traer un proxecto
ou obra para traballar.
VISIONADOS 015
XOVES 7
Biblioteca del CGAC
HORARIO: de 17:00 a 20:30 h
PRAZAS: entrada libre ata completar as localidades
Neste bloque abordaranse temas fundamentais do ámbito cultural
e artístico tras ver fragmentos de películas e documentais que
versan sobre:
O mito e a figura do artista/creador
A propiedade intelectual e os dereitos de autor
Os tipos de licenzas e entidades de xestión
As creacións en internet e nas redes sociais
DATOS 015
VENRES 8
Biblioteca do CGAC

Neste bloque ofrecerase unha serie de datos para que os asistentes
elaboren o seu propio criterio sobre a actualidade do sector cultural
en España. Ademais, analizaranse os datos obtidos na enquisa
Insultarte 2015 e datos obtidos doutros estudos.
Repasaranse tamén as malas prácticas do sector e a consecuente
precariedade do medio.
JUAN LESTA é director, produtor, montador e creativo. Orienta a
súa actividade cara á videocreación, o videoclip, a creación de
multimedia e as videoinstalacións. Recibiu diversos premios e
mencións de carácter nacional e internacional. Baixo o nome DSK,
traballa en varios proxectos audiovisuais e artísticos como
codeco.org, iconoscopio.net ou peninsulaxy.net. Socio fundador da
produtora coruñesa Esferobite, realiza distintos labores audiovisuais
orientados á promoción e comunicación para empresas e á xestión
cultural. Desde o ano 2002 imparte clases de audiovisual en
diferentes escolas de deseño en Barcelona e impartiu talleres
formativos en varios centros de arte e centros culturais de España.
IÑAKI LÓPEZ / VANESA CASTRO son artistas multimedia
licenciados en belas artes e están especializados en audiovisual e
performance. Traballan xuntos desde 2003. Como productores e
axitadores culturais, teñen unha ampla experiencia en festivais
internacionais e residencias artísticas. Ademais, expoñen os seus
respectivos traballos, imparten talleres de formación e ofrecen
mostras didácticas sobre audiovisual contemporáneo. Recibiron
diversos premios e colaboraron con varias asociacións e espazos de
intervención e produción cultural de España e Portugal. Máis
información en www.furallefalle.com.
DESTINATARIOS: Estudantes e profesionais dos ámbitos da creación
artística e cultural, e todas as persoas que estean interesadas nas
cuestións que se van abordar durante as xornadas.
INSCRICIÓN: Para participar no taller é preciso inscribirse enviando
unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.es ou chamando
ao teléfono 981 546 602. En calquera caso, deberán indicar o seu
nome completo, os seus estudos, a súa área de traballo ou interese,
un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto.
Para asistir aos bloques Visionados 015 e Datos 015 non é preciso
inscribirse, a entrada é libre até completar as localidades.
O CGAC expediralles un certificado de asistencia e aproveitamento
ás persoas que participen no taller.
COORDINACIÓN: Virginia Villar e Rebeca Mariño

sábado, 25 de abril de 2015
T-17 ORZAMENTOS: Fotografía social (orla)
Presupostar
proxectos: Fotografía social (orla)
|
venres, 6 de marzo de 2015
Apuntes no dropbox
Xa tendes no dropbox as dúas cousas que faltaban: artículo sobre os xéneros fotográficos de Joaquín Perea e unha planilla sobre os diversos planos fotográficos, que supoño que xa sabedes de outras asignaturas. O que me interesa desta planilla é a relación coa reportaxe, é decir, que tipo de planos usas en función da narrativa, do que estás a contar.
Comprobade que está todo e si falta algo, avisade que o subo
Boa finde

venres, 27 de febreiro de 2015
Vídeo "No me llames fotógrafo de guerra"
Non puiden subir o vídeo a dropbox, tarda unha hora. O luns, quen o queira, que traia un pen para copialo.
Boa finde
Boa finde
luns, 23 de febreiro de 2015
venres, 20 de febreiro de 2015
luns, 16 de febreiro de 2015
venres, 30 de xaneiro de 2015
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Exemplo dó traballo T-12
Saúdos a tod@s!
No Dropbox tendes un exemplo de como facer o traballo T-12 sobre velocidade de destello dó flash
A primeira parte está feito cun flash de tecnoloxía IGBT (flash portátil)
A segunda está feita cun flash de estudio (tecnoloxía non IGBT
A velocidade de destello tendes que buscala no manual dó flash
No caso dó flash de estudio, tendes que averiguar o t= 0.1 (1/3 dó t=0.5)
Para calquer outro problema preguntade por mail (si é moi urxente) ou na clase

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)